- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- 1950
- Lugar
- Carreiras
- Parroquia
- San Xulián de Requeixo
- Concello
- Pontecesures
Localízanse no lugar de Carreiras, o conxunto foi construído en 1950 e restaurado entre os anos 1999 e 2000. A fonte está feita de pedra e ten dous canos, a auga cae nunha pía rectangular de 1 metro de longo e 50 centímetros de ancho. Desde aquí a auga é canalizada cara ao “pilón” (así é como lle chaman os veciños ao lavadoiro). A pía deste mide 5 metros de longo, 2 metros de ancho e 50 centímetros de profundidade. As lousas onde se lavaba están situadas só nun dos lados longos. No ano 2018 cambiáronlle o tellado porque estaba moi deteriorado e a tella do país foi substituída polas pranchas metálicas que ten na actualidade.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (PO 56)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.716557, -8.646229
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Fonte de San Xulián
Pontecesures, San Xulián de Requeixo
Arquitectura da auga
Lavadoiro da Chancela
Pontecesures, San Xulián de Requeixo
Arquitectura da auga
Fonte da Igrexa Parroquial de Pontecesures
Pontecesures, San Xulián de Requeixo