Saltar ao contido principal

Fonte de San Xulián

Fonte de San Xulián - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Imaxe: ferreiro2018
Lugar
San Xulián
Concello
Pontecesures

Atópase na rúa do Pilar, en San Xulián. Consta dun só cano que verte directamente sobre a rúa. Á beira do cano, hai unha pedra colocada horizontalmente e incrustada no muro, que se empregaba para pousar as sellas. Segundo fontes locais, inicialmente o manancial atopábase un pouco máis ao sur, mais quedaba a un nivel máis baixo que a rúa e non era fácil coller a auga. Por este motivo, cando se enlousou a rúa, decidiron trasladar o cano ao lugar onde se atopa na actualidade. Aínda se pode ver outro pousadoiro para a sella no lugar onde se atopaba orixinalmente.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Lendo cos pés | CPI Pontecesures

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.725409, -8.650496

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo