Saltar ao contido principal

Reloxo de sol Nº 2 de Bustelo

Reloxo de sol Nº 2 de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
1880
Lugar
Bustelo
Concello
Dodro

Situado no penal sur dun hórreo de Bustelo.

O reloxo, de esfera cuadrangular e liñas sinxelas, é unha placa de granito acaroada ao pináculo piramidal do hórreo, cun remate semicircular alongado na parte superior no que é visible unha peza pétrea circular. O interior do reloxo está remarcado cunha liña insculpida, rodeando as liñas horarias, que son perfectamente visibles. Tamén conserva en perfecto estado o gnomon, o cal é unha variña metálica.  Mide 30 centímetros de alto e 20 de ancho. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, data do ano 1880, segundo a inscrición visible no hórreo. 

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.731619, -8.769232

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo