Saltar ao contido principal

Muíño de vento de Chenlo

Muíño de vento de Chenlo - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Refoxeiro
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
Séculos XVI-XVIII
Lugar
A Igrexa
Concello
Dodro

Muíño de vento de planta circular e muros de cachotaría. Os abanos deste muíño non terían sido fixos como outros da zona, senón que tería unha cuberta móbil cónica, cun armazón xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a dirección do vento. O movemento transmitiríase a un eixo e a unha ou dúas pedras de moer.

Comenta unha veciña que parece ser que este muíño era, antigamente, de varios propietarios, todos homes solteiros e ricos. Tanto ela como a súa nai, de máis de noventa anos, recordan sempre o muíño xa abandonado.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Sendeiros de Dodro

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-31)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.725900, -8.711911

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo