Saltar ao contido principal

Pombal da Casa das Señoritas de Rial

Pombal da Casa das Señoritas de Rial - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Eladio Cortizo
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
1780
Lugar
Imo
Concello
Dodro

No medio de Imo, nun outeiro, ao pé da Eira das Cabanas. A horta da Casa das Señoritas de Rial estaba dividida por un camiño denominado Entrehortas; na parte dereita, no lugar máis alto, está o pombal.

É de planta circular e muros de cachotaría enlucidos con morteiro de cemento e encalados. Lousas de pedra perimétricas que sobresaen do muro á altura dos catro buratos existentes para a entrada e saída das pombas. Cuberta a unha auga (ou de ferradura) con remate de lousa sobre entramado de madeira. Actualmente presenta un canalón de plástico na parte frontal da cuberta. Ten un unhas medidas de 15 metros de perímetro e 4 metros altura.

Segundo a ficha de Patrimonio, dataría entorno ao ano 1780, data pola que se instalaría a familia propietaria orixinaria no lugar. O primeiro propietario foi cofundador da igrexa parroquial por 1754.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-15)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.711625, -8.724647

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo