- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- 1758
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado no muro de peche da horta da Casa de Aguirre, en fronte da casa e no portal de entrada dunha gran horta, fronte á casa dos caseiros, hoxe en ruínas.
O reloxo levántase en altura sobre unha columna de granito de sección cuadrangular no inicio e no fin, decorado con molduras nas esquinas, e cos ángulos en chafrán no medio, de 1,20 metros de alto. O reloxo propiamente dito é un bloque cuadrangular de granito exento, cos ángulos inferiores cóncavos e a parte superior cun remate semioloxía. No interior está remarcado cun dobre recadro inscrito na pedra, no interior do cal vense os números arábigos das horas. Conserva o gnomo, sendo este unha placa triangular. As liñas horarias aínda son visibles, aínda que a pedra está gastada e en parte cuberta de musgo. Mide 40 centímetros de alto e 30 de ancho. Reloxo de sol vertical ortomeridiano (orientado ao sur).
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece que sería obra do ano 1758, ano de construción da Casa de Aguirre.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-63)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.713721, -8.724151
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Reloxo de sol de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Obra civil
Reloxo de sol Nº 2 de Rial da Lagoa
Dodro, San Xián de Laíño
Obra civil
Lacenas de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño