Saltar ao contido principal

Reloxo de sol Nº 2 de Rial da Lagoa

Reloxo de sol Nº 2 de Rial da Lagoa - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Rial da Lagoa
Concello
Dodro

Fermoso exemplar de reloxo de sol construído na parte traseira dun hórreo de Rial da Lagoa.

Reloxo de granito exento e de forma circular con remate na parte superior en tres rolos con motivo floral en relevo no centro inscrito nun círculo e, sobre o do medio, de menor tamaño, un remate en dobre rolo vertical sen decoración. Recorrendo todo o seu perímetro exterior é visible unha liña insculpida decorativa. Conserva o gnomon, o cal é unha lámina metálica, e as liñas horarias apenas son visibles xa que unha capa de musgo se estende pola cara do reloxo. A parte inferior do reloxo prolóngase nunha forma alongada, con rebaixes no interior formando motivos decorativos xeométricos, asentando sobre unha base cuadrangular coas esquinas redondeadas e con decoración xeométrica insculpida. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

De mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. En 2010, a viúva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade. Así mesmo comenta que a data está inscrita no propio hórreo, aínda que actualmente non se ve.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.721330, -8.716150

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo