- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- Século XVI
- Lugar
- Lestrobe
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Construción adxectiva pertencente ao Palacio de Lestrobe.
É de planta circular con muros de cachotaría de granito, lucidos con morteiro de cemento e encalado. As xambas e o lintel da porta de acceso son de cantaría. Na zona alta e coincidindo coas aberturas para a entrada e saída das pombas, lousa de pedra perimétrica. Cuberta cónica con remate de lousa sobre entramado de madeira e remate de cumieira con peza de pedra. No interior aínda conserva a mesa de traballo e os niñeiros das pombas están en perfecto estado.
Dataría do século XVI, como o pazo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-03)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.733423, -8.665650
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal da Xaniña
Dodro, San Xián de Laíño
Obra civil
Pontella do Muíño Tellado
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Reloxo de sol Nº 2 de Rial da Lagoa
Dodro, San Xián de Laíño