Saltar ao contido principal

Pombal da Xaniña

Pombal da Xaniña - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatríz Pereiras
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
Paizal
Concello
Dodro

Situado nunha finca privada pechada, no lugar de Paizal.

De planta circular e con muros de cachotaría de granito, actualmente encintada con cemento. Presenta lousas que sobresaen do muro a modo de repisa todo ao redor da parte superior do pombal. Con cinco buratos para a entrada e saída das pombas. Cuberta de lámina de formigón. Con remate piramidal no centro da cuberta cónica.

Actualmente está restaurado e en uso, forma parte da casa tradicional, xunto cun hórreo, de máis de 100 anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-06)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.739961, -8.695442

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo