- Tipoloxía
- Obra civil
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
O hórreo localízase na horta pechada con muro de pedra pertencente á Casa de Cabanas, no nº 103. Situado na parte traseira dun hórreo de Imo, coñecido como o Hórreo de Cabanas.
O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito cuadrangular exenta, de formas sinxelas e rústicas. Asenta sobre un bloque de granito rectangular, o cal serve de remate do pinche. Conserva o gnomon, sendo este unha placa triangular. As liñas horarias apenas se perciben, ademais de polo desgaste da pedra, pola existencia de fungos na pedra. Mide 30 centímetros de alto e 30 de ancho. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.
Segundo a ficha de Patrimonio, dataría do ano de 1758, sendo o exemplar máis antigo da parroquia. Construído polos mesmos canteiros que construíron a igrexa parroquial. Parece que a sinxeleza de liñas e a ausencia de decoración o emparenta cunha moi antiga escola de canteiros que tivo como núcleo de espallamento Boiro.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.714174, -8.724033
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Reloxo de sol Nº 2 de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Pombal do Outeiriño
Dodro, San Xián de Laíño
Obra civil
Pontella de Susavila
Dodro, Santa María de Dodro