Saltar ao contido principal

Pombal do Outeiriño

Pombal do Outeiriño - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Amador Loureiro
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
1927
Lugar
Manselle
Concello
Dodro

Localizado nun outeiro, na zona coñecida como O Souto, na finca designada como A Horta do Val.

Orixinal pombal de planta octogonal e muros de cachotaría, enlucidos con morteiro de cemento e pintados, en cada cara, de cor branca e laranxa imitando fiestras rematadas en arco oxival. Presenta un aleiro perimétrico na parte superior, á altura das aperturas cuadrangulares, visibles na parte frontal, que permiten a entrada e saída das pombas. Cuberta poligonal, decorada no borde con pequenos telladiños en todo o seu contorno imitando pequenos frontóns sobre cada cara do octógono. Presenta unhas escaleiras na parte traseira, de cemento, que dan acceso a unha entrada alintelada pechada cunha folla de metal. Baixo estas escaleiras é visible outro van alintelado pechado cunha porta de madeira. Actualmente en desuso, malia que aínda se poda ver algunha pomba entrar nel.

O pombal forma parte do conxunto de casa tradicional, hórreo e pombal. A casa foi feita en 1927, polo que o pombal dataría deses mesmos anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Sendeiros de Dodro

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-51)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.730539, -8.717551

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo