Saltar ao contido principal

Pombal Nº 1 da Casa de Aguirre

Pombal Nº 1 da Casa de Aguirre - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
1780
Lugar
Imo
Concello
Dodro

Na horta da Casa de Aguirre, nun alto, xunto a outro pombal.

De planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño. Fachada encintada con morteiro de cemento, así como lousas perimétricos que sobresaen do mesmo á altura dos buratos existentes para a entrada e saída das pombas. Cuberta cónica con acabado de tella do país sobre entramado de madeira, con remate xeométrico decorativo de pedra. Mide 4 metros de altura e 15 de perímetro.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataríase, con reservas, en 1780. Este pombal foi construído, como todos os elementos da familia Aguirre, polos canteiros que tamén fixeron o templo parroquial. Se a mansión señorial pode situarse por 1758, o pombal dataría dalgúns anos despois. Forma parte dun conxunto arquitectónico único, formado por dous hórreos, dous pombais, casa de caseiro, reloxo de sol e outros elementos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-02)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.713806, -8.724499

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo