Saltar ao contido principal

Reloxo de sol Nº 1 de Rial da Lagoa

Reloxo de sol Nº 1 de Rial da Lagoa - Dodro - San Xián de Laíño
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Rial da Lagoa
Concello
Dodro

Emprazado na parte superior da parede sur dunha vivenda, no lugar de Rial da Lagoa.

Exemplar de reloxo de sol localizado na parede dunha construción, neste caso unha vivenda de pedra. Asenta sobre un saínte pétreo ou peaña. O reloxo, feito nun bloque de granito, é de forma rectangular coas esquinas superiores cóncavas e un remate na parte superior en forma de semicírculo. Conserva completo o gnomon, sendo este unha placa máis ou menos triangular, e as liñas horarias son perfectamente visibles. No remate semicircular superior é visible unha lenda: “JAT”. Cuadrante vertical ortomeridiano (orientado so sur). Trátase do único exemplar de reloxo de sol nunha vivenda localizado en Dodro.

Os veciños contan que ten que ser moi antigo, que o recordan aí toda a vida. Probablemente do século XIX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.721735, -8.716452

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo