- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- 1869
- Lugar
- Teaio
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
O hórreo localízase na zona de Quinteiro de Abaixo, ao lado dunha pista polideportiva. Situado na cara sur dun hórreo de Teaio, coñecido como de Carcacío.
O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito rectangular exenta, con remate na parte superior piramidal escalonado con estrías, e asentando sobre unha base de granito rectangular a xeito de remate sur. Debido a que a pedra está cuberta de fungos, non se ven nin as liñas horarias nin o gnomon, que non debe conservalo. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, mide 40 centímetros de alto e 30 de ancho. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, no frontispicio do hórreo é visible a data de 1869.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.715415, -8.752780
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Reloxo de sol Nº 1 de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Reloxo de sol de Tallós
Dodro, San Xián de Laíño
Obra civil
Pombal Nº 2 da Casa de Aguirre
Dodro, San Xoán de Laíño