Saltar ao contido principal

Reloxo de sol de Tallós

Reloxo de sol de Tallós - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
Tallós
Concello
Dodro

Situado na parte superior dun portalón que da acceso ás vivendas número 16 e 26 do lugar Tallós, ao pé da estrada AC-305.

Exemplar de reloxo de sol construído na cima dun portalón alintelado de pedra, xunto con unha cruz latina florenzada con botón central e con ángulos en chafrán, apoiándose na súa base cuadrangular o reloxo. O reloxo é unha placa de granito de forma cuadrangular cun remate superior rectangular enmarcado con dúas volutas. Conserva completo o gnomon, sendo este unha placa triangular, e as liñas horarias son perfectamente visibles. Cuadrante vertical ortomeridiano (orientado ao sur).

Trátase do único exemplar de reloxo de sol sobre a portada dunha vivenda da provincia da Coruña que ven referido e da como coñecido J.L. Basanta no seu estudio dos reloxos de sol (2003: 88): “A Coruña está representada por un reloj sobre portada, apoyado en la base de una pequeña cruz y que se encuentra en Dodro (carretera general Padrón-Ribeira); (....)”. En total, refire para toda Galicia cinco exemplos coñecidos (por el) de reloxos solares situados sobre portadas de accesos a fincas con vivendas (p. 87).

Conta o propietario que esta entrada, e o reloxo en concreto, son moi antigos, que debía tratarse, orixinariamente, dunha casa de xente adiñeirada ou ben de propiedade eclesiástica. Este é o segundo exemplo de reloxo de sol nunha portada de entrada a unha propiedade atopado no concello, o outro exemplo é o de Teaio.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.715561, -8.702541

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo