- Tipoloxía
- Obra civil
- Lugar
- Rial da Lagoa
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Fermoso exemplar de reloxo de sol construído na parte traseira duns hórreo de Rial da Lagoa.
Reloxo de granito exento e de forma circular con remate na parte superior en tres rolos con motivo floral en relevo no centro inscrito nun círculo, e con volutas baixo o rolo do centro. Recorrendo todo o seu perímetro exterior é visible unha liña insculpida decorativa. Conserva o gnomon, o cal é unha lámina metálica, e as liñas horarias son perfectamente visibles, aínda que algo gastadas. A parte inferior do reloxo prolóngase nunha forma alongada, máis estilizada que a que vimos no reloxo Nº 2 de Rial, coa parte central rebaixada e no interior un motivo floral en relevo. Asenta sobre unha base semiesférica con moldura. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao
De mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. En 2010, a viúva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.721415, -8.716007
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Reloxo de sol Nº 2 de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Pombal Nº 2 da Casa de Aguirre
Dodro, San Xoán de Laíño