Saltar ao contido principal

Pombal de Castro

Pombal de Castro - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: @catoiramarino
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Castro
Concello
Dodro

Construído nun outeiro na parte superior do lugar de Castro.

Pombal de planta cuadrangular e muros de cachotaría. Na zona alta presenta unha repisa de lousa de pedra perimétrica, sobre a que se localizan as aberturas para a entrada e saída das pombas. Non conserva a cubrición, presentando tornaventos no norte. Ten catro entradas sobre o tornarratos, que se prolonga polas dúas paredes laterais. As entradas van debaixo do tornarratos pero encaixadas para a protección das pombas. Porta con trabatel. Ten sobrepena na parte posterior que lle da forma de alzadeiro. Ten 4 metros de altura e 12 de perímetro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-20)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.719673, -8.721958

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo