Saltar ao contido principal

Pombal Nº 2 de Teaio

Pombal Nº 2 de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Pombal da Veiga
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
1824
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

Situado entre os lugares coñecidos como Botafal (do Pombal para arriba) e Salamosa (do Pombal para abaixo).

De planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño, con folla de madeira e alintelada. Fachada encintada con morteiro de cemento, e lousas que sobresaen do muro á altura dos dous buratos cadrados existentes para a entrada e saída das pombas. Non conserva a cuberta, aínda que si parte das lousas de remate da mesma. Mide 13 metros de perímetro e 4 de altura.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, habería que situalo sobre o ano 1824, segundo as características similares con outros pombais, aínda que carece de datos fiables. A propietaria actual conta que xa o seu pai o recordaba dende sempre. Actualmente en desuso.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-18)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.714182, -8.751462

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo