Saltar ao contido principal

Pombal do Outeiriño

Pombal do Outeiriño - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Dubardu Hughes
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
A Igrexa
Concello
Dodro

Situado no lugar da Igrexa, ao pé da estrada.

De planta cuadrangular e paredes de cachotaría de granito, con porta alintelada con folla de madeira. Repisa perimétrica de lousas de pedra na parte superior do pombal. Cubrición a dúas augas, de uralita con tella camba na cumieira. orixinalmente tiña a cubrición de tella do país.

Conta a propietaria que tería máis de cen anos, xa que a casa, co pombal e o hórreo a comprou o seu avó cando veu da Arxentina, e que a súa nai, que morreu con máis de oitenta anos, acórdalle sempre o pombal e o hórreo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-75)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.724906, -8.712946

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo