Saltar ao contido principal

Pombal Nº 1 de Teaio

Pombal Nº 1 de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

Localizado nunha finca privada pechada, propiedade orixinalmente da familia co alcume dos Macanudos.

É de planta circular e muros de cachotería encintados con morteiro de cemento. Lousas de pedra perimétrica que sobresaen do muro á altura dos buratos existentes para a entrada e saída das pombas, na parte superior. Estes buratos, de forma cuadrangular, están protexidos da chuvia por lousas de pedra na parte superior. Cuberta a unha auga (ou de ferradura) con remate de prancha de fibrocemento. A entrada é alintelada con folla de madeira. No chan, rodeando ao pombal, presenta unha plataforma circular de pedra.

A propietaria conta que lle acorda o pombal dende sempre, pudendo ser do século XIX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-17)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.715434, -8.752934

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo