- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- Século XIX
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Localizado nun hórreo de Vigo, pertencente á casa nº 23 do núcleo, preto da estrada AC-305, no medio dunha finca.
Fermoso exemplar de reloxo de sol situado no pinche traseiro dun hórreo de Vigo. Reloxo circular de pedra, exento, sobre unha base en escocia. No interior do reloxo, remarcando o seu perímetro exterior, é visible unha incisión continua que remata, na parte superior e na parte inferior, en decorativas volutas. Sobre as volutas superiores é visible un remate rectangular en posición horizontal. Conserva o gnomon, sendo este unha barra ríxida, e as liñas horarias. Trátese dun cuadrante vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.
É un hórreo antigo, como a casa, vivenda tradicional, do século XIX. No fronte do hórreo pon a data, mais actualmente é ilexible.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.715298, -8.692728
Máis elementos do catálogo
Obra civilPombal do Outeiriño
Dodro, San Xián de Laíño
Obra civilRúa Moncho Reboiras
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civilReloxo de sol de Tallós
Dodro, San Xián de Laíño