- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- 1780
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Nun dos outeiros dos arredores do lugar de Imo.
Pombal de planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño. Porta con trabatel. Fachada encintada con morteiro de cemento, e lousas que sobresaen do muro á altura dos buratos existentes para a entrada e saída das pombas. Tellado cuberto de alcatrán por mor das humidades. Presenta tornarratos no interior. Mide 13 metros de perímetro e 4 de altura.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría do ano 1780, con algunha reserva. Parece que en tempos foi todo un símbolo daqueles paraxes.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-05)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.714257, -8.722434
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Reloxo de sol Nº 1 de Rial da Lagoa
Dodro, San Xián de Laíño
Obra civil
Reloxo de sol Nº 2 de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Obra civil
Pombal do Outeiriño
Dodro, San Xián de Laíño