- Tipoloxía
- Obra civil
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Situado no pinche traseiro dun hórreo de Vigo, situado nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence, a casa nº 10, ao pé da AC-305.
Segundo exemplar de reloxo de sol localizado na aldea de Vigo, ambos os dous situados en hórreos. Reloxo de granito exento de forma cuadrangular coas esquinas redondeadas, e coa parte superior rematado nun arco convexo do que sae un remate en forma de guitarra rematado nunha gran bola. Asenta sobre unha base cuadrangular. Conserva o gnomon, sendo este unha placa triangular, e as liñas horarias. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.
En 2010, di a propietaria que o hórreo debe ser antigo, que lle acorda toda a vida alí.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.714937, -8.693117
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Ponte do Portanchiño
Dodro, San Xián de Laíño
Obra civil
Reloxo de sol Nº 1 de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Rúa Moncho Reboiras
Dodro, San Xoán de Laíño