Saltar ao contido principal

Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Vigo
Concello
Dodro

Localizado no xardín traseiro da casa á que pertence, moi preto doutro.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 1,20 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada, a cal separa o penal traseiro do seu pinche. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra sen fendas de ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada de sección cilíndrica sobre escocia e pináculo piramidal sobre base cuadrangular sen bóla. Orientado ao NW.

No 2010, din os propietarios que foron os seus avós os que fixeron este hórreo, que terá máis de cen anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 68)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.716473, -8.693473

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo