Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

Nunha finca pechada cunha vivenda tradicional restaurada, o nº 1 da Boca do Monte.

Presenta como soportes seis pés en forma de columnas de sección cuadrangular dispostas de dúas en dúas, asentando cada unha sobre un bloque de pedra rectangular transversal. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada par de pés, estando en partes restaurado con cemento. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral norte. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. O penal traseiro é de pedra e madeira restaurada con dúas cintas, sendo aproveitada a cinta superior para asentar unha repisa de madeira, sobre a que son visibles dous orificios nos balaústres, empregándose como pombal. O pinche é de madeira. A cubrición é de uralita. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

No 2010, comentan os veciños que debe ser antigo, como a casa (máis de cen anos).

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 34)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.730481, -8.673781

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo