Saltar ao contido principal

Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Pexegueiro - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Pexegueiro
Concello
Dodro

Situado enriba dun muro de peche dunha finca, fronte a casa á que pertence, o solar número 10, ao pé dunha pista asfaltada. Ao lado, a escasos metros, hai unha fonte de pedra, antigo lavadoiro da aldea, que aínda bota auga.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito que serve de muro de peche a unha finca á beira dun camiño, actualmente asfaltado. Ten uns 2,50 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Lintel, columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita e por riba tella do país. Remates: cruz latina alta de sección cuadrangular sobre base troncopiramidal e pináculo piramidal. Orientado ao N.

No 2010, a propietaria di que tería máis de cen anos, que a súa nai, de 82 anos, xa non lle acorda de facer.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 113)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.746925, -8.705807

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo