- Outras denominacións
- Hórreo das de Pedro
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1913
- Lugar
- Bexo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado no Quinteiro de Abaixo, ao pé dunha pista asfaltada, servindo de muro de peche dunha propiedade nº 8.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, que serve de parte de muro de peche da propiedade á que pertence. Os soportes son tres cepas de perpiaños. Na cepa frontal presenta unhas escadas de madeira colgadas, para o acceso ao interior do hórreo. Os gabinetes están abertos, empregados para gardar leña. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, con unha porta de madeira no lateral oeste (no interior da propiedade) enmarcada entre dúas columnas de pedra. Linteis de pedra, con dúas fendas de ventilación horizontais cada un. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal frontal de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Armazón de madeira e cubrición de tella do país, recentemente renovada. Remates: no penal frontal, cruz alta cos extremos ensanchados e ángulos en chafrán sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal sobre base cuadrangular no penal traseiro. Orientado ao NE.
No 2010, segundo os comentarios dos veciños, este hórreo tería máis de 150 anos, pertencendo a unha casa moi antiga. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de principios do século XX, non despois de 1913.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 197)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.696397, -8.734258
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño