- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
No interior do patio traseiro dunha vivenda particular.
Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito de aproximadamente 1 metro de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con madeira. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: no penal frontal, cruz florenzada sobre base discoide e esta sobre pedestal cuadrangular; e pináculo piramidal rematado en bóla no penal traseiro. Orientado ao NE.
No 2010, di o propietario que foi feito polos seus bisavós. Tería, pois uns cen anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 53)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.717251, -8.693474
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Pexegueiro
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro