Saltar ao contido principal

Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1811
Lugar
Manselle
Concello
Dodro

Localizado na Aldea de Riba, nun alto, ao pé dunha pista.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, coa pedra superior máis ancha, de forma troncopiramidal cos extremos redondeados, a xeito de moldura. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento. A porta de acceso estaría no lateral leste. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros pechados con ladrillo. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, encintado con cemento o do norte, sen ventilación. No penal sur é visible unha data inscrita: 1811. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita. Remates: cruz latina baixa de sección cuadrangular, moi gastada; e pináculo piramidal moi ancho e baixo, sobre base cuadrangular. Orientado ao N-S.

No penal sur é visible unha data inscrita, suponse que é a de fabricación: 1811.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 102)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.730966, -8.719093

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo