Saltar ao contido principal

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Traxeito - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Traxeito
Concello
Dodro

Nunha finca ao pé dunha pista asfaltada.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, de considerables dimensións. Cimentado nunha repisa de cachotería de granito, duns 60 centímetros de alto no lateral leste, chegando  a ter 1,50 metros de altura no lateral SW, cun importante desnivel. Na parte dianteira ten unha pedra rectangular paralela á cepa para o acceso ou para servir como apoio ou pousadoiro. Os soportes son seis cepas de pedra, coa pedra da parte superior máis ancha e coas esquinas redondeadas. Menos o gabinete do norte, o resto están pechados con ladrillo e cemento, un tamén con malla metálica (o do sur, para galiñeiro), con portas de madeira no lateral oeste. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros, os cales non conservan a madeira, estando pechados con ladrillo, agás o do norte, que non está pechado. Presenta nos claros unha porta de madeira no lateral oeste para cada propietario (no claro do medio, pintada de vermello, e no claro sur, pintado de verde, esta última enmarcada con dúas columnas de pedra). Linteis de pedra con fendas de ventilación horizontais. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra, non conservando a porta de madeira. Destaca o remate en arco do van da porta, en vez de ser alintelado, como é máis común. O penal traseiro tamén é de pedra, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición atópase moi alterada, sendo inexistente no claro norte, de uralita e tella do país nos dous claros do medio e de tella plana no claro sur. Remates: cruz latina baixa florenzada con botón central sobre base cuadrangular e pináculo moi estilizado cunha gran bola inserira, sobre base cuadrangular. Orientado ao N.

No 2010, di un dos seus propietarios que é moi antigo, e que antigamente era dun só propietario. Pola factura parece, efectivamente, de certa antigüidade.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 171)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-69)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.742263, -8.697778

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo