- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1758
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Na horta da casa reitoral, na parte alta da aldea, formando parte do conxunto integrado por pombal, casa reitoral e outras dependencias.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de pedra, de perpiaño. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten tres claros, con balaústres de madeira e unha cinta, con unha porta de madeira no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Os dous penais son de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Armazón de madeira e cubrición de tella plana. Remates: no pinche norte, cruz latina alta de sección cuadrangular cos ángulos en chafrán, sobre base en escocia; e no pinche sur, pináculo moi ancho sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.
A ficha do Inventario de Patrimonio sinala que sería contemporáneo á construción da casa reitoral, rematada en 1758, sendo construída case simultaneamente coa igrexa parroquial parroquial (1754), e outras dependencias civís. Non obstante, os veciños pensan que pode ser bastante posterior. Serviu durante tempo para gardar o millo que, polo mes de novembro, e para as almas do purgatorio, recibía o crego dos veciños. Ateigábase, e ás veces non chegaba. Era roubado con frecuencia.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 241)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.713172, -8.725499
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Sar
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño