- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1787
- Lugar
- Sar
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado na entrada sur da aldea, a escasos metros da fonte e lavadoiro de Sar, nun xardín moi ben coidado propiedade da casa nº 2, á que pertence o hórreo.
O hórreo levántase sobre unha camada de cemento. Non ten repisa, en troques, as cepas asentan sobre bases rectangulares máis anchas de perpiaños de granito. Os soportes son catro cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, sendo esta madeira de recente colocación (aproximadamente fai uns 40 anos), aínda que os cargaburros (pezas de madeira entre os piares que sosteñen o tellado) son os orixinais de cando se fixo o hórreo. Presenta unha porta de madeira no lateral sur. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira, asentando esta sobre trabes de madeira entre as columnas de pedra e a propia cornixa. Armazón de madeira, tamén renovada, sobre a que asenta a cubrición, de tella do país, refeita. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche da fronte pódese ver a inscrición: “D+ AÑO JHS M 1787”. Remates: cruz latina baixa de sección cuadrangular, sobre base cuadrangular (a cruz parece de cemento); e pináculo piramidal estilizado sobre base cuadrangular (tamén parece recente). Tanto a cruz como o pincho (coñecidos como cantacucos), son de pedra, feitos recentemente (aproximadamente fai uns 40 anos), porque se perderon no traslado da localización orixinal até onde está hoxe. Estas pezas foron feitas polo canteiro da Devesa. Orientado ao W.
No pinche da fronte pódese ver a data de construción: 1787. Trataríase dun dos exemplares máis antigos do concello, polo menos dos de data coñecida. Foi cambiado de sitio, situándose orixinariamente diante da porta da casa número 2 da aldea, á que pertence. Este traslado fíxose grazas a que a familia cedeu gratuitamente ao Concello de Dodro os terreos nos que estaba o hórreo para que este puidese ampliar o camiño e que pasasen vehículos polo medio da aldea.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 149)
José L. Rodríguez Resúa
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.723218, -8.719801
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Pexegueiro
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Dodriño
Dodro, Santa María de Dodro