Saltar ao contido principal

Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Manselle
Concello
Dodro

Situado nunha  propiedade privada pechada, axardinada, na entrada sur da aldea, zona coñecida como a Aldea de Abaixo.

Curioso exemplar de hórreo, xa que está feito todo en pedra (tipo Noia), cando o normal no concello é o de tipo mixto. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito de diferentes alturas para salvar o desnivel existente. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes pechados con uralita. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten un só claro, con peche de pedra, con fendas de ventilación horizontais, en fiadas, e con porta de madeira no lateral oeste. En parte a pedra vese encintada con cemento. Os dous penais son de pedra con 16 fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición, actualmente arranxada, é de uralita con tella do país por riba. Remates: cruz latina alta e florenzada con botón central, ángulos en chafrán, sobre base cuadrangular; e pináculo cilíndrico rematado en bóla sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.

No 2010, di o propietario que é moi antigo, máis de cen anos, que lle acorda toda a vida, mais que foi cambiado de sitio, xa que antes estaba no centro da aldea.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 91)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.728232, -8.717389

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo