Saltar ao contido principal

Hórreo de Tallós

Hórreo de Tallós - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Tallós
Concello
Dodro

Situado entre dous pistas asfaltadas, detrás da Escola da Emigración de Tallós.

Exemplar de madeira. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito que fai as veces de muro delimitador dun camiño, de 1,20 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, as cales asentan aínda sobre unha pedra rectangular cada unha. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Linteis, columnas e cornixa de madeira. Penais e pinches de madeira, con porta do mesmo material na fronte norte. O penal traseiro ten dúas cintas. As trabes son de madeira tamén, e a cubrición de tella do país. Os remates son de pequeno tamaño, de pedra, tratándose dunha cruz latina de sección cuadrangular e un pináculo piramidal estilizado. Orientado ao NE.

No 2010,  aos veciños acórdalles toda a vida o hórreo, din que debe ser antigo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 151)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.715976, -8.702806

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo