- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Paizal
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado nunha finca privada pechada, pertencente ao solar nº 5 do núcleo. Nesta mesma finca localízase un pombal.
Cimentado sobre unha repisa de perpiaño de granito de pouca altura, encintada con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, a dianteira coa parte superior en cemento, con molduras, e o resto con semicírculo lateral imitando a moldura na parte superior tamén de cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con porta de madeira, e pinche traseiro de pedra sen ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Os remates son unha cruz latina alta florenzada con botón central sobre base en escocia e esta sobre pedestal cuadrangular; e pináculo piramidal. Orientado ao NE.
Este hórreo pertence a un conxunto formado por casa tradicional de pedra e pombal, todo de máis de cen anos de antigüidade.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 111)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-77)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.739647, -8.695457
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro