- Outras denominacións
- Hórreo de Mariño
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XIX
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
No lugar chamado Quinteiro de Baixo.
Hórreo modificado, pero antigamente de pedra e madeira. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños, cun patiño acaroado no lateral norte. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, correspondéndolle a cada un unha porta de chapa metálica no lateral norte, e con fendas de ventilación horizontais no lateral sur. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, dous restaurados con ladrillo no lateral norte e un con balaústres de madeira e dúas cintas, mentres que no lateral sur os tres claros están pechados con cemento, con fendas horizontais de ventilación. Ten tres portas de madeira no lateral norte, unha para cada claro, dúas delas enmarcadas por unha columna de pedra e outra de cemento. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país e uralita por debaixo. Remates: cruz latina alta florenzada, con botón central e ángulos en chafrán, sobre base discoide e esta sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal con bóla ensartada na punta e sobre base cuadrangular. Orientado ao E-W.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é de principios do século XIX (entre 1800 e 1830), etapa definitiva de implantación do millo. Actualmente en uso.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 238)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.711963, -8.724493
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo da Igrexa
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo da Miguensa
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Eira da Malla de Bexo (2 hórreos)
Dodro, San Xoán de Laíño