- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- A Igrexa
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Nunha finca próxima á igrexa parroquial.
A cimentación non é visible, e os soportes son tres cepas de pedra. Un dos gabinetes ten un chan de cemento e está pechado con madeiras e malla metálica. O outro gabinete está sen pechar. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e pinche tamén de madeira; penal traseiro de pedra e madeira con dúas cintas, co pinche en madeira. Cubrición de uralita (cambiouno o pai da actual propietaria haberá uns corenta anos). Non conserva os remates. Orientado ao NE.
No 2010, a irmá da actual propietaria (antes era dos seus pais) di que tería máis de cen anos, mais non ten documentación.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 2)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.717683, -8.688329
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Reboiras
Dodro, San Xián de Laíño