Saltar ao contido principal

Hórreo de Reboiras

Hórreo de Reboiras - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Reboiras
Concello
Dodro

Situado ao sur da Eira da Malla de Reboiras, nunha pequena leira ao lado da casa á que pertence.

Non ten repisa, as dúas cepas do norte asentan sobre pedras rectangulares a modo de cimentación e a cepa sur asenta directamente sobre a rocha natural. Os soportes son tres cepas de pedra, amalgamadas con argamasa e o que parecen anacos de cunchas. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo e cunha porta de madeira no lateral oeste, enmarcada con dúas columnas, unha de pedra e outra de cemento. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra, co van da porta pechado con ladrillo e penal traseiro tamén de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país sobre uralita. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre base en escocia; e pináculo piramidal con bóla achatada incrustada. Orientado ao NE.

No 2010,  unha veciña di que andará polos cen anos, que a súa nai, que morreu hai uns quince anos con máis de oitenta, xa lle acordaba de facer o hórreo cando era moi pequena.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 122)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.717433, -8.702561

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo