- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Paizal
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
No límite dunha finca privada pertencente ao solar número 2 do núcleo, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito.
Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da finca. Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, actualmente pechados con ladrillo, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas de pedra e cornixa de ladrillo. Penal da fronte de pedra, co espazo da porta pechado con ladrillo. Penal traseiro de pedra e, orixinalmente, de madeira, aínda que actualmente esta foi substituída por cemento con fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, aínda que tanto os pinches como as sobrepenas son de cemento. Cubrición de uralita. Os remates están feitos en cemento, tratándose dunha cruz alta con círculo ou roda central (cruz céltica) sobre escocia e pináculo piramidal. Orientado ao NW.
No 2010, a muller do propietario non soubo concretar a antigüidade deste hórreo. Debe ser antigo, mais este está moi reformado con ladrillo e cemento.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 110)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.739416, -8.696416
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño