Saltar ao contido principal

Hórreo de Tarrío

Hórreo de Tarrío - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Tarrío
Concello
Dodro

No lugar coñecido como Rueiro, no extremo NE do núcleo, no alto dun outeiro.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños encintados con cemento, dun 1,50 metros de altura. Presenta un pequeno van rectangular no lateral leste. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, aínda que conserva a madeira en mal estado. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra cos restos da porta de madeira, e penal traseiro de pedra con seis fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de tella do país, atopándose en moi mal estado. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

No 2010, os veciños consultados aseguraron que era moi antigo, máis de cen anos. Por factura tamén parece ter bastante antigüidade.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 163)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.722694, -8.708686

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo