- Outras denominacións
- Hórreo de Castaño
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1880
- Lugar
- Bustelo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado ás aforas do núcleo, nunha eira no ángulo NE da aldea.
A cimentación non é visible, ao estar o lugar cuberto de vexetación, mais parece que carece de plataforma. Os soportes son tres cepas de perpiaños. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados orixinalmente con balaústres de madeira, aínda que actualmente xa non a conserva. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con van alintelado para a porta, faltándolle a folla de madeira. Penal traseiro de perpiaños sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: no penal dianteiro, cruz latina baixa de sección cuadrangular sobre base cuadrangular; e no penal traseiro, pináculo piramidal estilizado rematado en bóla ovoide e sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de arredor de 1880, por analoxía con outros hórreos da mesma tipoloxía de Bustelo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 210)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.732226, -8.768831
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro