Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

No Barrio de Abaixo.

Hórreo mixto restaurado, cimentado sobre repisa de cachotaría de granito duns 40 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra, encintadas con cemento. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, e unha porta de madeira no lateral leste. Columnas e cornixa de pedra. Penal frontal de pedra con porta de madeira. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella do país. Os remates son unha cruz latina alta no penal frontal e pináculo moi estilizado no outro extremo. Orientado ao NE.

Pola tipoloxía puidera ter certa antigüidade, de principios do século XX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 15)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.731441, -8.667739

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo