Saltar ao contido principal

Hórreo de Teaio

Hórreo de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo de Evangelina e Ramón
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1920
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

No lugar chamado O Quinteiriño.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de perpiaños, coa pedra superior en posición horizontal. Os gabinetes están pechados con ladrillo e malla metálica para galiñeiro. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con excepción do claro do norte, que está pechado con ladrillo. Ten unha porta de madeira no lateral oeste. Linteis de pedra con dúas fendas de ventilación horizontais cada un. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. Nas columnas son visibles unhas molduras decorativas en pedra de forma ovalada. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con doce fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche dianteiro é visible unha fenda de ventilación horizontal. Cubrición de uralita. Remates: ten dous pináculos, o da parte dianteira piramidal rematado en bola ovoide e angulosa sobre base cuadrangular, e o da parte traseira piramidal estilizado sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

No 2010, segundo unha das propietarias, de 85 anos, o hórreo é moi antigo, acórdalle toda a vida. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de principios da década de 1920.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 265)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.714901, -8.753985

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo