Saltar ao contido principal

Hórreo de Bexo

Hórreo de Bexo - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo de Varela
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1913
Lugar
Bexo
Concello
Dodro

Localizado na Aldea de Abaixo, na zona do Quinteiro de Abaixo, no patio dunha propiedade privada nº 9.

A cimentación é unha repisa moi alta de cachotes e perpiaños de granito. A altura débese á necesidade de elevar o hórreo para que lle dea o vento. No lateral oeste son visibles, acaroadas paralelamente á plataforma, unhas escadas de pedra para facilitar o acceso ao hórreo. Os soportes son tres cepas de pedra de perpiaños. Os gabinetes están pechados con ladrillo.  Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta. Linteis, columnas e cornixa de pedra, este última moldurada. Penal frontal de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche da parte posterior é visible a data de construción: 1913. Cubrición de tella plana. Remates: no penal frontal, cruz florenzada cos ángulos en chafrán sobre base cuadrangular, e a ambos lados, nos extremos da sobrepena, pináculo piramidal estilizado sobre base cuadrangular; e no pinche traseiro, pináculo de forma ovoide alongado, rematado en bóla ovoide e sobre base en escocia, e esta sobre pedestal cuadrangular, e a ambos lados tamén dous pináculos piramidais estilizados. Orientado ao NE. 

Segundo reza no pinche traseiro, é de 1913.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 198)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.696650, -8.734346

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo