Saltar ao contido principal

Hórreo de Dodriño

Hórreo de Dodriño - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Dodriño
Concello
Dodro

Nunha finca pechada privada, na entrada do núcleo.

Cimentado sobre un muro alto de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo, cunha porta de madeira enmarcada por dúas columnas de pedra no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra, con porta de madeira, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Remates: cruz latina alta sobre base en escocia e pináculo piramidal. Orientado ao NE.

No 2010, os veciños non souberon concretar a súa cronoloxía, mais pola súa factura podería andar polos cen anos. 

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 10)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.721713, -8.689190

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo