Saltar ao contido principal

Hórreo de Rialiño

Hórreo de Rialiño - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Concello de Dodro
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Rialiño
Concello
Dodro

Nunha finca privada pechada, correspondente ao xardín traseiro da vivenda á que pertence.

Cimentado sobre unha repisa baixa de lousas de granito encintadas con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes dos extremos pechados con ladrillo e portas de madeira. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral sur, enmarcada con columnas de pedra. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra, con porta de madeira e penal traseiro de pedra e madeira, con dúas cintas. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición restaurada, de tella plana (antes era de tella do país). Remates: cruz latina alta florenzada con botón central, de sección cilíndrica, sobre escocia e esta sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal moi estilizado sobre base cuadrangular. Orientado ao SE.

No 2010, a propietaria di que tería máis de cen anos, aínda que foi desprazado uns metros do seu emprazamento orixinario (na mesma parcela).

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 142)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-01C)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.734383, -8.694874

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo