- Outras denominacións
- Eira dos Hórreos
- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Lestrobe
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
No punto coñecido como Eira dos Hórreos, na parte alta da aldea.
Conxunto de 5 hórreos na zona alta do núcleo de Lestrobe. Os cinco hórreos que se conservan nesta eira están, ou ben modificados, ou ben restaurados. Todos están orientados ai NE. Dous destes hórreos foron rehabilitados, mentres que outro está moi modificado con respecto ao seu estado orixinal, faltándolle un claro e estando pechado con ladrillo. Outro está moi reformado tamén (é de cemento).
Parece que orixinalmente constaba esta eira de sete hórreos, conservándose actualmente cinco. Un deles, o máis grande (tres claros) foi desmantelado para facer un garaxe privado de cemento e ladrillo, e estaría localizado no ángulo NE da Eira. O outro tan só conserva o seu emprazamento, sendo visible restos correspondentes á repisa onde asentaba o hórreo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 14)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CH-01)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.732354, -8.670427
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo da Igrexa
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño