Saltar ao contido principal

Hórreo de Bexo

Hórreo de Bexo - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Dubardu Hughes
Outras denominacións
Hórreo dos Outeiros
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1856
Lugar
Bexo
Concello
Dodro

Localizado na Aldea de Abaixo, na rúa Os Outeiros, ao pé dunha pista asfaltada, fronte a vivenda nº 4.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son cinco cepas de perpiaño, coa pedra superior en horizontal e traballada cos ángulos redondeados. Os gabinetes están abertos, empregados para gardar leña. Na parte frontal presenta dúas pedras rudas empregadas a xeito de grades para acceder ao interior do hórreo. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten catro claros, con balaústres de madeira e unha cinta, con catro portas de madeira, unha por claro, no lateral oeste. Os esquinais do hórreo son de pedra, con seis fendas de ventilación horizontais cada un. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal frontal de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con catorce fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país e por baixo uralita. Remates: no penal frontal, cruz florenzada cos ángulos en chafrán sobre base en escocia e esta sobre pedestal cuadrangular, con reloxo de sol na base da cruz; e pináculo piramidal estilizado rematado en bóla ovoide con arestas e sobre base cuadrangular no penal traseiro. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de 1856. 

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 190)

Reloxos de sol de Galicia

Dubardu Hughes

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.696932, -8.734087

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo