- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XIX
- Lugar
- Rial da Lagoa
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado nunha parcela pechada con arames e malla metálica, e dedicado a galiñeiro, ao pé dunha pista asfaltada. Pertence á casa identificada co nº 27 de Rial.
A cimentación é unha repisa de perpiaños e cachotes de granito, encintados en parte con cemento, duns 50 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas, estando os dous últimos gabinetes pechados con cemento e o outro con ladrillo no lado oeste, mentres que no lateral leste están pechados con malla metálica, e cun espazo pechado tamén con arames fora e acaroado empregado para galiñeiro. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, aínda que conserva a madeira en mal estado, cunha porta de madeira no lateral oeste. Os linteis, de pedra, presentan dúas fendas de ventilación horizontais cada un. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita con tella do país por riba. Remates: cruz latina baixa de sección cuadrangular nos extremos e ángulos en chafrán sobre escocia; e pináculo piramidal rematado en bola sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.
No 2010, di unha veciña que se trata dun hórreo antigo, que se herdou dos avós das actuais propietarias. Sería de mediados do século XIX.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 128)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.721934, -8.716197
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Sar
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño