Saltar ao contido principal

Hórreo de Paizal

Hórreo de Paizal - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Paizal
Concello
Dodro

Sobre o muro de peche dunha finca privada, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito. Pertence a unha casa de pedra tradicional.

Cimentado sobre o muro de peche da finca, de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra coa metade superior, onde aparecen molduradas, refeitas en cemento. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra sen fendas de ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Só conserva un remate, un bico ou pináculo piramidal na parte traseira. Orientado ao NW.

No 2010, segundo o home da actual propietaria e dos veciños, parece que sería un hórreo moi antigo, se callar máis de 200 anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 109)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-79)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.739189, -8.696331

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo